O Penido do Galo e o pico máis alto do Concello de Viveiro, Lugo, con 552 metros de altitude. Ofrece unha das mellores vistas panorámicas de 360° da ría de Viveiro e a Mariña lucense, visibles dende o faro de Estaca de Bares ata Punta Atalaia.
Despois de tomar un café saímos dende o aparcamento que hai ao lado da estación de autobuses para seguir pola rúa Juan Donapetry
Chegamos a un sendeiro ben sinalizado cos cores branco e azul e carteis informativos. Este sendeiro cruza unha das poucas zonas nas que queda un resto do bosque autóctono que no foi pasto das llamas, polo que aínda se resiste a invasión do eucalipto que xa ocupa case toda a Mariña.
Pasamos por As Cortes, unhas vellas casas situadas na metade desta "xungla", seguimos polo Rego da Trasposta e despois cruzamos a estrada que ascende ao Miradoiro de San Roque que foi construído no ano 1978 pasamos ao lado do que antigamente era o viveiro de plantas creado entre os anos 1941 e 1954 para abastecer a produción forestal do entorno, hoxe en día esta dedicado a un parque de animais en cautividade.
Dende aquí seguimos por pistas forestais ata chegar a cima do penedo onde e habitual que o anemómetro ali instalado chegue a superar os 120 quilómetros por hora, a súa forza move tanto muíños como os cabalos de vento ou bandeiras de oración tibetanas que ondean en homenaxe a Ramón Blanco xunto a unha replica das súas botas en bronce. Foi un montañeiro de Xerdiz falecido en 2023 a idade de 90 anos.
Con 84 anos completou os 42 quilómetros da Camovi, a famosa carreira que pasa por este punto, pero a súa maior fazaña foi coroar o Everest no Himalaya (Nepal) no ano 1993 .
Unha vez coroado o Penido do Galo descendemos por onde subimos ata San Roque onde visitamos as instalacións e a onde volveriamos despois de coller os nosos coches para vir a comer.
Dende o miradoiro collimos algún que outro atallo, seguimos pola estrada para logo chegar ao aparcamento onde empezamos.
O vindeiro mes iremos a Piornedo para subir ao Pico Mustallar
Powered by Wikiloc

No hay comentarios:
Publicar un comentario